Primeiro decir que,e e,e os alcumes teñen a súa razón de ser. Poden ser familiares, poden ser personais. A razón que era porque non había moita variedá, non había Vanessas, ni Kevis ni nada, todo eran Domingos, Nicolases e os apelidos eran mui poucos, entonces, pois claro, trinta Domingos...Piñeiro nunha aldea pois habería: Domingo Piñeiro "O cunca"; Domingo Piñeiro "O galo", por exemplo. E despois, moitos destos alcumes familia/ personales pasaron a ser alcumes familiares...tamén. Entonces, tamén era unha forma, pois, de identificarse unha persona cunha familia.
Hai casos nos que o alcume pasou a ser apelido...directamente. Por exemplo, no século XVII houbo un Domingo Piñeiro "O cunca" (...) Si, si "O cunca" era, "Cunca feita" (...) pra máis INRI, que pasou a familia a ser/ ter de apelido Do/ Piñeiro Cunca, simplemente. Bueno, os mo/ os motes, bueno, alcumes...podían ser/ tocarlle de varias formas, un por características físicas, e teño aquí un listado deles, casi todos son antigos para que por si las moscas algún se dá por aludido, así que... "A teta gorda", este é do século XVII/ quizás foi o primeiro que atopei ¿eh? "O fachado", "A benfeita", "Pecocho". Tamén pola personalidade da persona..."Tristeza" mui alegre non era, "Viva la vida", estos todos son do século XVII e XVIII. "O duque", "As mojigangas" que eu penso que faría referencia a unha persona, así, un pouco ridícula, "O ramplón". Hai algunhos, tamén, que fan referencia a,a,a ao lugar de orixen. Temos tamén un listado bastante grande: "O ferrolán", "O narón", "O trasanqués", "Portugués", "Flamenco". Actualmente, hai algún como son: "Sevillana", "A cubanita", "Madrileños", "Os orensáns". Bueno. esos son mui (...) vamos, habituales, ahora.
Hai outros relacionados cas profesiós como "Capador"/ actualmente..."Paragüero", "Zoqueiro", "Mandadero", "Pantanero". Un mui antiguo era "O chocolateiro". É un alcume do século XVIII que todavía persiste. É unha familia os...Salgado, (sin más) son, son chocolateiros. Outros de orixen desconocido. Posiblemente, a maior parte destes de orixen/ de orixen descoñecido teñen relación, pois, con algunha anécdota que lles ocurreu na vida como "Cunca feita", "Verme", "Nordés", "Coles", "Rapeta", "Chaona", "Barbona", "Oblea", "Curruchu", "Trancho". Os "Tranchos" que todavía persisten, persisten todavía/ e os primeiros datos son do século XVIII...E "Lilán", "Refunga", "Pelleja", "Reiniña", "Bispo", "Muchico", que tamén hai todavía. Estos atopeinos no século XVII. E,e,e "Castañas", "Duque", "La rica", "Donjuán", "Tirabeque"; "Cupís" ou "Cupido" que xa existía no,o,o,o/ era Torrente como o alcalde actual, e,e,e existía xa no XIX e tiña un barco tamén.
E,e,e,e o máis/ quizás a min os que máis me chamaron a atención, son os alcumes relacionados con apelidos que/ actualmente, cremos que son, pois, nomes, simplemente, alcumes normales pero casi todos están relacionados con apelidos desaparecidos. "As gara"/ "Garata", por exemplo, descenden de Agustín de Gárate que era un plateiro do século XIX, da zona de Ferrol, que chegou aquí nese momento. "Os riaños" que xa había unha familia con ese apelido no século XVII. "Martas", tamén, no XIX, había tamén xente con ese apelido, posiblemente orixinarios da zona de Arteixo, máis ou menos. "Ramallos" que xa había no século XVIII unha familia con ese apelido. "Lebres", posiblemente descendentes de Ricardo Lebré, un, un comerciante de Borgoña que chegou aquí no século XVII e, bueno, nos documentos aparece como Ricardo Liebre ou Ricardo Lebre, das dúas formas. "Os vergueiros" que eran orixinarios de Trasmonte (...) non perdón, de Terra de Montes, en Pontevedra, e chegaron aquí no XIX para traballar nas obras de, do (cimenterio). "As curiscas", procedente do apelido Cora e que, según me comentou Juana, precisamente "A curisca", levan o apelido porque vivían precisamente na casa, na casa do escudo, que ten todavía os/ fóra o escudo dos Cora que son unhos corazós, e a dona pois era unha/ "A curisca". Eles reciben o nome pola casa en que vivía a familia. "Os colartes", descendentes de Andrés Tenreiro Colarte, veciño de (Cermuzo), que descenden no século XVII de Manuel Arias (Colart), o Collar, posiblemente, penso eu que si será tamén de orixen flamenco. Outros, os "Martiños", descendentes de Martín Tenreiro que viveu en Vilar no século XVIII-XIX, máis ou menos. "Anteros", descendentes de Antero Grande, é un nombre un pouco raro que/ tan raro que claro, deu orixen a eso. Outros serían os "Chavarrías"; as "Muñisas", de un, de un Múñiz; as "Louzadas" que descendían de José Louzao que chegou de, da zona de Valadouro, tamén no século XIX. As "Calderonas, as "Canchelas" dun Cancela.
Ahora ¿que futuro teñen os alcumes? Eu penso que ningún...que d'aquí a pouco i en/ van desaparecer porque as relaciós das xentes non son as mismas, a xente no vive na, non vive na rúa, ahora hai moita maquinita, moito interné, moita,a,a/ entonces a xente sale pouco, e,e,e,e as familias non son tan numerosas, e,e,e despois a xente marcha fóra, marcha estudiar fóra e entonces se desarraiga un pouco da, da vida cotiá.
E nada máis. Esto é o asunto dos alcumes de Pontedeume.
Autor/a da transcrición: e~xenio