Oian señores a historia
dunha parroquia da Chaira
con bo gado e mellor xente
que se chama Santaballa
I un día os parroquianos
acordaron de facer
unha obra de teatro
que agora mesmo imos ver
Góstame moito o teatro
góstame moito esta escola
como dixo Caetano:
enriba de mel filloas
Esta vai por despedida
hoxe, eiquí, non canto outra
os señores que me oyen
hoxe (nun) ano m'oian outra!
I ai la, la, la, ai, la, le, lo
ai, os de Santaballa sonche o demo!
Sonche o demo, sonche o demo
ai, os de Santaballa sonche o demo!
Autor/a da transcrición: e~xenio