Os labradores honrados da aldea de Santaballa, pra sin paus face-la malla, ordenaron de comprar unha cousa nunca vista que dá moi bo resultado i eu direi decontado: ¡A máquina de mallar!
O día que se estreou,
por certo, estaba chovendo
a fatos viña correndo
xente de todo o arredor
Mais dixo un vello curioso
dende que a estivo mirando:
O mundo vaise acabando,
vállame o Noso Señor!
Polo que acabo de ver, aínda non estou convencido, dentro hai un home escondido, iso non o hai que dudar.
Estala como un fungueiro
dando paus a brazo libre
que senón sería imposible
como había de mallar
Vaise o velliño curioso
foi xunto do maquinista,
pediulle, limpando a vista
se lle deixaba mirar
Ai señor mire o que queira
mais teña usté moi bo tento!
Meteu a cabeza dentro
e non a puido sacar
Berraba canto podía:
Tirade por min veciños
que me quedo sin fuciños!
Seica o demo me atentou!
A vella por el tirou,
no chau caeu deitado,
desque se deu levantado
desta maneira falou:
Fun sacristán moitos anos,
fun á misiña a diario
e xa anduven o calvario
e nunca tal me pasou.
Por forza foi unha trampa
pra quedar esfuciñado
¡Se estoupara o condanado do demo que a inventou!
Autor/a da transcrición: e~xenio