Lembranzas dun home vello.
Santaballa miña terra
terra donde eu nacín,
xente con moita fachenda
por ser d'aquí coma min
Lembro a este meu pobo
botando a ollada atrás,
con defectos e virtudes
con bondades e maldás
Eran tempos de estreiteza
(bela) terra, xentes listas
sacadas de tres escolas
daquelas chamadas mixtas
Lembro disputas e guerras
e o si señor de cada día,
lembro moito do que faltaba
lembro algo do que había
Lembro eucaliptos no adro
a fraga i os castiñeiros,
e lembro os agora ausentes
e tan queridos cruceiros
Lembro festas na parroquia
(e bos salós) no Carrizo,
outro en casa de Naseiro,
outro na casa Crisanto,
e cando estes descansaban,
os bailes do Carricanto
Lembro os museos do viño
ou tabernas pra beber,
a do Louzao, Lourizán
e ao Jesús do Gran Poder.
Zapateiro, Manolín
e algo antes a de Andrés,
O Crisanto, o Sindicato
e no Carrizo, outras tres
Lembro diversiós miúdas
de tascas e foliadas,
lembro paseos na feira
un capador, un (lagoeiro)
e ata unha (rosadeira)
Lembro os montes ateigados
de lebres e de conexos,
de perdices e de pombas,
de morcegos e (bencellos)
Lembro regueiros e ríos,
todos cheíños de troitas. ´
Lembro mallar todo o día
pra algunhas casas que había
aínda que esas eran poucas
Lembro estreitas corredoiras
con carros cantando ao vento,
sufrimento e traballos
para gaña-lo sustento
Lembro prados de (pillota)
bo maínzo, boas hortas.
Xente algo cobizosa
sempre metida en liortas
por un marco ou un valado
¿Polo que? (era o menos)
Miñasxoias! Malpocados!
Lembro fouces e (ligóns)
e forcadas e gadañas,
apeiros que eran mui brutos
pero nada tiñan de malos.
Calquer rapaz de hoxe en día
o primeiro que diría:
onde había que enchufalos!
Lembro xentes máis tranquilas,
nin anuncios nin promesas,
ideas sin tanta présa.
A felicidade non chega
porque che chuzen a marca,
non se pode ter de todo
o que a nosa mente abarca
Lembro o meu singular pobo
retoño de (bos xermolos)
distinguido e relixioso
e un cura para nós solos
Lembro un pobo con cultura
que se puido levantar
e agora non ten envexa
do que eu poida lembrar
Por eso, non vos fixedes
nas lembranzas deste vello
Santaballa, a día de hoxe,
é un exemplo para os viciños
i ata para o mismo Concello
Autor/a da transcrición: e~xenio