Xurxo Souto: A ver, a maior parte de nós, que somos terrícolas, subimos á Torre de Hércules e vemos a marabilla, vemos, por un lado as Sisargas, doutro lado o Prior. Vemos auga, un anaco de océano pero o percebeiro está vendo moito máis. Está vendo a Rabaleira, está vendo os Coitelos de Terra, os Coitelos de Mar, o Xogadoiro, o Xenrei, esas pedras que traballaches ti dende pequeno, verdade Milucho?
Emilio "Milucho" Mariñas: Bueno, buenas noites. Tedes que perdonar que son parco en palabras, non se me entende moi ben, pero bueno. Bueno, vamos, vamos, vamos empezar polo Club del Mar, se vos parece ben. O Club del Mar(...)aquí había un castillo antiguo e aquí á izquierda estaba a playa e á dereita había unha ría preciosa, unha ría moi bonita, o fondo era todo de arena. Despois estaba dividido o dos mariñeiros: os do Picho, os do Picho estaban (incomprensíbel) á parte dereita e os de San Amaro, da Agra do Orzán, da Agra de San Amaro, estaban á izquierda. Bueno, aquí había un, un cantil, (un) acantilao. Mira, aquí había, aquí había un cantil, aquí, aquí había un cantil vertical e había dúas casas de planta baixa no can[til], no cantil. A unha chamánbanlle o conde Cachuzas e outra o Relojero; eso, eso é a historia d'aquí, do Club del Mar, vamos, da Agra de San Amaro. A Agra de San Amaro era unha agra, xa o dice a palabra: agra. Era, era desde a cárcel hasta, hasta Adurmideras. Adurmideras era aí na esquina esa(...)eso fixeron aí, vamos o(...)eses edificios e aí era Adurmideras. Bueno, pois desde aí se plantaba trigo, coliflores, espigas, patatas, eso era a Agra de San Amaro. Bueno, eso era a Agra do Orzán. A carretera que iba á Torre era máis alta, alí, onde están os,(...)onde se xoga ao fútbol e tiña un hueco por debaixo que pasaba, pasaban os carros pa levar, pa levar...vamos o esterco e todas esas cousas. Esa é a historia da, da Agra de San Amaro.
X. S.: Chamábaselle a Granxa da (Coruña), a Granxa do mar.
E. M.: Bueno, despois...á, á península da Torre, pois(...)que lle pasa? é como nas calles, nas calles todas teñen un nombre, depende do, depende de quen, quen mande...porque despois cambian os nombres. Na península da Torre non se cambian, eso xa vén desde os abuelos, tatarabuelos. E todos teñen un nombre que empezan aquí no, en Adurmideras, empeza...onde está o hotel, o Grelle, despois está o Redondo, despois está o Cabalo, todas son pedras por aí, son pedras de percebes. Despois do Cabalo está a Longuiña do Mar e a Longuiña de Terra. Despois vén, vén, o Morro Baixo, a chegar a Punta Herminia, estamos chegando a Punta Herminia e hai unha pedra que lle chaman o Morro Baixo e despois está o Altar, aí no Altar xa morreu moi[ta], bastante xente. Entre o Altar e o Herminio hai unha, unha pedra que lle chaman As Corredoiras porque é moi(...)é unha laxe toda larga, aí que sepa eu morreron entre, entre o Altar e a Punta da Rabaleira, que sepa eu morreron catorce afogaos: aficionaos, percebeiros, bueno. Despois d'aí xa vén, veñen as Forcadas, Santa Cecilia, a Rebaleira, os Nenos da Rebaleira, a Perdiz, o Ollo, o Gaviouteiro, as Galeras, que están debaixo da Torre; as galeras, antiguamente cando se andaba a remos(...)e naquelas galeras(...)a galera, a remar, aqueles esclavos, bueno, pois esa pedra igual, unha galera, por eso lle puxeron a Galera. Despois hai alí, unha, unha granja, hai unha granja no medio do mar que empeza: a Vaca, o Boi, o Becerro e o Becerriño, é unha granja, pero é unha granja de pedras, eh. Bueno, e despois d'alí, xa vén p'alí pa terra, está a furna do Herminio, despois está...as Eiras e despois xa vén a isla do Pé. A isla do Pé é unha isla que está onde están alí os, vamos(...)como lle chaman alí(...)a cetárea, e alí, chámanlle a illa do Pé porque cando a marea enche, é unha isla, e cando a marea está baixa, pásase andando, se pasa andando, por eso lle chaman a isla do Pé. Bueno, pois todas esas zonas de percebes, falan de percebes, bueno os percebes todo o mundo falan o Roncudo, o Roncudo, eu, desde chaval, empecei aos dezasete anos, hasta que me jubilei e non hai pedra do mar que non, que non puxera (incomprensíbel) como vou explicar, desde Corrubedo hasta o cabo, hasta cabo Peñas, anduven por tódolos sitios: en Ortegal, en Camelle, en todas partes. Bueno, pois falan(...)os percebes en todas as pedras(...)é, é como en terra, a pedra é a calidá. Aquí, ao mellor, unha, unha pedra ten uns percebes fenómenos e aquí, a dous metros, xa non son bos, esa é a calidá da pedra; pasa como na terra, na terra xa sabes o que pasa, hai leiras que dan mellores patatas e mais, un pouco máis lexos, pois xa son máis malas. E falan do Roncudo, o Roncudo son moi bos pero tamén están alí o Cabo Ortegal, están alí os (Aguillos) de Cariño e é unha marabilla; aquí o Boi, o Becerro, tampouco lle teñen envidia, que pasa aquí? que para ir garda-la veda, que ten o percebe un ano ou dous anos, son grandes, aquí como xa non se garda a veda, e ahora cada vez menos, son pequeniños pero tendo o tempo igual, é unha marabilla. É unha marabilla os percebes. E xa vos digo, alá pola zona de Cedeira, por aí(...)tamén alí, Campelo; aí en Ferrol tamén son de marabilla. Cada un sempre na súa terra dice que son os millores, no? É normal, no?
X. S.: Milucho, perdoa que che interrumpa pero é un detalle así concreto. Cando ti empezaches a andar ao percebe, con Tereso, naqueles anos, todo o fondo era fondo virxen e decía, dicías que as mareas arrincaban o percebe e ás veces íbades á praia de Area de Concha e collíades o percebe pola noite. Fálanos diso.
E. M.: Mira, antes...os percebes(...)non había buzos, nin había ranas, e desde que o mundo é mundo, pois estaban os percebes de centos e miles de anos. O que é o fondo, todo o que é arena, ou digo, a pedra, todo é coma un campo, todo eran percebes. Cando viñan as mareiras, desas vaghas de mar que hai, os arrancaban pero moita cantidá e os botaban aí, na Area de Concha, os botaban na Area de Concha e os botaban alí no Xugadoiro, os arrancaba e nós íbamos aos arrancaos e des[pois](...)bueno se descubreu o espello, e eu aprendín o espello (pois) había dous chavales que eran de San Xorxe que andaba eu con eles alá nos barcos e foron a facer a mili...a Canarias, foron a facer a mili a Canarias, e sabes que os de mar buscamos sempre o mar e os de terra buscamos o monte, no? E daquela, eses chavales veron alí a un, a unhos que iban cun caixón nunha lancha, e, e lle[s] estrañaba. Pero que pasa? Como van así? E daquela un día baixaron abaixo. E eso pa que é? Pa ve-lo fondo. E claro, eran percebeiros, bos percebeiros e efectivamente, colleron e miraron (incomprensíbel) xa chegaron(...)cando viñeron aquí pa, pa súa terra, co espello e aprenderon. Que fixeron? Con eses varales que hai dun metro e pico (que) se chaman, trueles, collían co espello pero claro non tiñan práctica e non chegaban ao fondo; os percebes estaban a oito, a nove, a dez, a do[ce], a do[ce], a doce metros de profundidá. Pero despois a cabeza sempre descurre e fixeron. Xa fixeron con varales de, de eucolito que non había outras cousas, de eucalito, de cinco e seis metros e lle metían unha rapa, un[ha], unha rasqueta e despois, mira os percebes que habría, que no outro varal, eran dous varales, non? no outro varal, esas, esas horquillas do, do esterco, do esterco, as doblaban así e metían nun varal a rapa e noutro varal a horquilla. Eu fun, eu fun un deles, de aquí desta zona fun o primeiro, tuven esa suerte. Bueno, alí collías(...)Non quero, non quero decir os quilos (incomprensíbel) pero menos de cen quilos cada día que ibas non collías.
X. S.: Menos de?
E. M.: De cen quilos. Cen quilos, douscentos quilos pero eso era(...)porque te cansabas. Para que quero coller máis? Si (medían), si (medían) oito pesetas, os millores oito pesetas, daquela época, estou falando de cando tiña eu dazaoito anos e eu anduven cun, con catro que eran os mismos percebeiros, éramos catro e andamos toda a vida xuntos: o Lorito, o Salinas, que morreu afogao aí na Torre, e o Tereso. O Tereso era un dos milloriños que había, eu non me quero alabar pero bueno eu tamén me daba bastante ben. Pero (ao) espello(...)eu andaba(...)tiña (eu) daquela dazaoito anos, e o Lorito (hoxe) medía 1'90, forte e se empezou a coller ao espello, foi o primeiro, bueno eu lle aguantaba os remos moi ben, porque eu, eu fun remero del Club del Mar de toda a vida, hasta, desde os dazaoito anos hasta os trinta e cinco. Fumos campeóns de España, nos bateles, aquí no Club del Mar. Bueno, pois eu lle empecei a aguantar os remos e non foi capaz de coller unha piña, estaban, estaban todos, que era un campo, todo era un campo e non foi capaz, sabes por que? Porque ti colles, colles o, o proeiro, non o proeiro, o varal e a[o] levalo alí á piña, a corriente, non eres capaz, cho, cho leva, cho leva, cho leva...E el (incomprensíbel) sácate d'aí (hombre), e lle collín(...)e lle botei fóra e me aguantou os remos e empecei eu, e (incomprensíbel) estaba(...)todo eran percebes, lle quería meter alí e a rapa viña p'alí, lle quería meter p'alí e p'o outro lao (incomprensíbel) eu empecei a luchar, a luchar e me acordo ben, collín sete quilos. (Ao) outro día, non podía levantar as pernas, nin os brazos cas agughetas, de facer tanta forza contra a corriente, fíjate!. Bueno, ao final, pois xa é o oficio, despois xa é, é como, como un futbolista, lle dás de tacón e metes o balón donde che dá a gana. Despois xa, collías os varales de seis metros, o manejabas cunha man e coa outra man aguantabas o espello e te poñías de rodillas na lancha, eso había que collelo desde a lancha, te poñías de rodillas, mirabas cunha man, co espello e co outro rapabas, co outro rapabas e bueno, despois a, a costumbre. A misma corriente xa che levaba o percebe a onde querías. Os mellores de coller cales eran? Os das paredes porque collías desde arriba ca parede, tras, tras, tras, tras. Os do fondo, era, é plano como esto, era máis difícil de collelos, por que? Porque se desde arriba, se colles ca rapa, pega, pega na pedra e non, non os podes coller porque pega. E que facíamos nós? A inteligencia é o que enseña, no? Que facíamos nós? A rapa, a doblábamos abaixo un pouquiño e despois a lancha, se aquí están os percebes, pois en vez de poñerte aquí, te poñías alí enfrente, e canto máis largo, o varal iba máis largo, non, e xa lle dabas ca man e empezabas (a coller) piñas. Eu teño fotografías(...)teño collido piñas das caixas de pareja de madeira, de madeira, encher unha piña. E a única piña que teño de fotografía, foi un día de casualidá que había aquí un que lle chamaban o Trebulete e víñamos nós con percebes, o Tereso e mais eu e mailo Salinas e me quitou unha piña que pesa catorce quilos e medio. Está na fotografía. Pero eu deses, deses collíamos, eu que sei, cantidá, cantidá. A min o espello se me dou moi ben, e bueno xa non quero recordar aqueles tempos. Eu collín en tódolos sitios: en Camariñas, en Camelle, en Muxía, en Cedeira, en Cariño(...)Che digo tódalas pedras que hai en Galicia, chas digo como si as tuvera aquí no robot, che digo pedra por pedra. Pedra por pedra porque empezan aí en Mera e che digo todas. As de Ferrol, todas, unha por unha, unha por unha. (As) de Cedeira igual. As que son boas de percebes, as que son malas. Eso é unha cousa porque as colles con cariño(...)cando un é un estudiante que lle gusta leer e aprender, pois lle queda no (camiño) o que (é mal estudiante), non lle queda, e a min eso me encanta, inda ahora cando estou na cama durmindo, aínda soño cos percebes.
X. S.: (Aínda) soñas cos percebes, eh!
E. M.: Así que fíjate ben.
X. S.: Milucho. Xa sabedes ((Aplausos)) Milucho Mariñas, o sabio percebeiro que evidentemente, hoxe xa non hai tempo para falar máis pero sabedes que Milucho está todos os días, atende a quen o queira coñecer, convocar, nesa cátedra do bo xantar que lle chaman O Fiuza, (incomprensíbel) alí todas as mañás, así que podedes acudir alí pra que vos conte o que era esta xeografía. Xa sabedes, a Casa do Relojero, o Conde Cachuzas e a ría de San Amaro. Teste que despedir xa pero, queres lanzar unha mensaxe? Que queres decir sobre percebes e sobre este mar?
E. M.: Bueno, pois eu a verdá que teño unha herencia, no? Porque eu, eu tiven tres fillos e lle din, como, como, como un bon pai, como ten que ser, procuraba que non foran como eu, claro. Ningún pai quere, queren casi que sean(...)o fillo do pai e lle din estudio aos tres fillos. Un é mestre, un é mestre industrial, outro é mestre nacional e o pequeno dixo: no, no, pero eu, eu non quero ser nada, eu, igual que ti. E é percebeiro e lle foi ben, eh! Foi, foi millor que non estudiara ((Risas)) Foi millor que non estudiara ((Aplausos)) Perdón, pero aínda aparte, as enfermedades son contagiosas e tamén teño un neto, un neto, teño un neto que tamén, vamos, tamén estudiou e tamén é, e tamén colleu o oficio do abuelo, que, anda por aí tamén.
X. S.: Para percebeiros, nós! Enfin, unha marabilla esta polafía(...)
E. M.: E tedes que perdonar, tedes que perdonar porque eu a verdá, son, como xa dixen, son parco en palabras, non estou acostumbrao a falar ao público, eu nada máis que falaba ca rapa, nada máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio