Para subir a Proendos
vénse vindo por Olmeira
Ai! Vénse vindo por Olmeira
Con catro netos de viño
e un peso na faldriqueira
Ai! Un peso na faldriqueira
Hei de collere amores
se teño quen me queira
Ai! Se teño quen me queira
Antes de saír da casa
encherei de viño a bota
e cunha miguiña de unto
limparei as miñas botas
Ao chegar ao San Cristovo
botarei un aturuxo
pra que (escoiten) os da Pena
pra que oian os de Arroxo
Pra que todos en Proendos
me vexan moi fachendoso
hei de levar o sombreiro
hei de lucir o reloxo
En Proendos hei coller
amores ao meu antoxo
Autor/a da transcrición: e~xenio