Vou á gavea, e rómpeme o legón.
Vou rozar e pícome cos toxos.
Subo á parra, e deixo todo a cotón.
A cotón, a cotón.
Ai, ai, Casiano!
Ai, ai, Casiano!
É a balada triste do labrador e, certamente, ser labrador en Sober é fastidiado.
Que mal che empeza este ano!
Quero ir á sacha, pero non teño petola.
Busco leña para o lume e só atopo garabullos.
Ás dúas vou xantar, non hai nada na cazola.
Na cazola, na cazola.
Autor/a da transcrición: e~xenio