Hai un santo mui, mui avogoso, alá en Castro, que se chama o Castro das Penas e (...) hai un San Vitorio, e hai un San Vitorio vello, que tiña unha fama/ Os caldelaos, nós chamámoslle caldelaos a todos os que están do outro lado, (incomprensíbel) corresponde ao que é Caldelas, a Nogueira de Ramuín, decímoslle os caldelaos, non? Eles chámannos a nós os limeses, non? Coño, está o Luís alí, caldelao! (...)
E bueno, o, o San (Vitoiro) das Penas tiña moita sona de, tiña moita sona de que espantaba, levaba o trono cara ao outro lado e entonces intentáronllo mangar, incluso con teca en Loureiro fixeron un San Vitorio, pero o bonito era que fixe/ o San Vitorio/ Os santos tamén se enfurruxan os pobres, quero decir, bueno, vamos a ver, (a veces) collen a polilla e éntralle na madeira, non? E, e, e o fillo dil fixo un santo novo que está alí, na capela de San Marcos, fixo un santo novo entonces cando o sacaban en procesión dice: Bueno, aí vai o meu neto, aí vai o meu neto! Claro, fixérao o fillo dil.
Autor/a da transcrición: e~xenio