Entón, (...) de eiquí, do, do, do entorno do pazo/ a min (tampouco) me falaron mal os do pazo; sei falar o bon pero tamén sei falar o que pasaba no pazo.
Eran moi picarescos aquí, non penses que era todo/ Xa lle contei un día a Encarna/ Por certo, tiñan aí unha casiña, aí arriba, donde levaban as súas/ as súas mulleriñas, alí, á parte das que tiñan, non? Facían as súas historias, facían as súas cousiñas pero, á parte deso, eran ingeniosos tamén, non penses! Xa discurrían!
Había unha criada, naquela época, que non/ o señor andaba detrás da criada pero a criada non/ Tu estás moi atenta, gústache (este). Entón andaba o home detrás da muller pero non daba conseguido aquela, aquela rapaciña. E el dicurría, discurría, discurría (e tal e tumba), e decía de vez en cando, decía: Tu tes que estar moi cansada porque [es]tasme dando moitas voltas na cabeza. E bueno, un día chegou e dixo: Como podo facer eu pa conseguir esta muller? E que fixo? Antes, tratándose xa do viñedo, as cubas cuando se sacaba, as sacaban pa facer o, aughardiente e tal e tumba e (utilizalas) dun ano pa outro, poñíaselle a boca pa diante, así a unha altura, así, non? Era unha boca de 50-60 por 40, máis ou menos, e poñíaselle así pa diante. A rapaza era mala entonces cando el intentaba (incomprensíbel) arrabuñaba ou pintaba la Virgen, non? Ou sea/ Perdón, pola palabra.
E que fixo? Ingeniounas, estuvo discurrindo, discurrindo, non sei se botaría anos pero sacar, sacou a conclusión. Agarrou un día, e de noite, foi á bodega e tirou unha caixa de noces dentro da cuba. Entón, d'alí ao outro día, a medio da mañá beixou á bodega e chamou pola rapaza e díxolle:
—Eh, vén eiquí, e tal e tumba!
Ela baixou e díxolle:
—Que quere señorito, que quere?
—Ahora mira a ver se me colles esas noces que hai aí dentro da cuba, e tal.
E claro, a pobre inocente da rapaza non sabía do que iba a cuestión, meteu a cabeza e meteu tal. Tras! O outro vai por detrás!
Autor/a da transcrición: e~xenio