Ai, belida muller, ave de paso,
esgrevio corazón maduro e quente,
ti cólmasme de amor, é-la semente
floríndome no peito cada ocaso.
Ai, belida muller, merlura e vaso,
brétema a me envolver, brisa nacente,
cara a ti vou senlleiro, quedamente,
degrañándome en soños, paso a paso.
Cara a ti vou tremante de esperanza:
niguén me vai couta-la teimosía
de chegar xunto a ti feito arelanza.
Cara a ti vou, rapaza fuxidía...;
lévoche un amencer en axexanza.
¿Recibirasmo ó pe desa alegría?
Autor/a da transcrición: e~xenio