Dentro da, da música tradicional hai unha parte dela que é a máis marxinal de todas, a que menos se canta e, e mais deteriorada quedou que é a dos músicos ambulantes, a dos músicos andantes, músicos e músicas. Aquí na provincia de Lugo temos muitos: o Florencio da Fontaneira, o Cego de Aldixe, o señor Eladio que aínda morreu no ano 2000, e a Cega de Miranda que era de cerca de Castroverde, de Mirandela ou a Cega de, de Gondel que era por terras de Pol e por alá arriba, Montecubeiro, e por alí andaban. E todos eles deixaron un, un patrimonio cultural importantísimo, herdanza daqueles xograres e trobeiros que houbo na Idade Media e que tanta luz e brillo lle deron á nosa lingua. Tódolos cegos que nós coñecemos pois foron persoas mui capaces para, para ese labor de cantores, relatores dese tempo que é a función do cantor.
Autor/a da transcrición: e~xenio