O conto titúlase: Por que dous cans cando se atopan sempre se uliscan os cus. Claro, eu, chamoume a atención, a verdá non o coñecía no tema(...)E entonces contános o, bueno, está un pouquiño tal, pero está tal cual, non? Dice: Sucedeu que unha vez tivo lugar unha festa na que unicamente podían entrar os cans e, á aquela festa, acudiron cans de todo o contorno; grandes e pequechos, con rabo e sen el, de raza ou de palleiro, en fin, creo que acudiron todos os cans do mundo. Á entrada da festa, como era pertinente, os cans, para non lle dar mala impresión, tiñan que deixar como se fose nun colgadoiro, colgado o seu cu. Pouco a pouco, foise xuntando alí cus de todas as razas e todos os cas. A festa transcorría de maneira apacible e os cans divertíanse dando brincos, bailando e saltando, tratando de impresionar ás femias que andaban por alí pero sucedeu que, por un quítame alí esas pallas, dous cans empezaron a ensinarse os dentes un ao outro. Primeiro empezaron por pouca cousa pero aquelo foi a maiores e pasaron xa a unha pelexa onde os dentes mordían todo o que pillaban. Como pasa en calquer liorta, pronto outros cans se sumaron a ela e pouco aquelo foi unha batalla campal. A maioría dos cans, que non querían verse implicados na pelexa, empezaron a fuxir, pero o problema foi ao saír, cada can deixara o seu cu colgado e agora, cas présas, os cans collían calquera cu e poñíano, o importante era liscar a présa e levar polo menos un cu. Claro está que nunha gran maioría, cu e can no coincidían, por eso agora, calquera can que se atopa con outro, a primeira cousa que fai é mirarlle o cu, non vaia ser que o cu que trae o compañeiro, vaia a ser o del, non? A min, polo que teño observado, paréceme que anque pasou tanto tempo, moi poucos son os cans que localizaron o cu pois cando un can ve vir a outro xa se pon a alerta e debe pensar: Será o meu cu o que trae ese can?
Autor/a da transcrición: e~xenio