Sería o bisavó (ou) tatarabuelo dos Almestros, dises pequenos que hai ahora. Il iba coas vacas para a Tapada e sempre había unha rapaza alí facendo que cosía, nuns penedos. E ela falaba con el e il falaba con ela... Enamorouse un do outro! E despois un día, il quería que viñese con il e ela dixo que se viña pero que tiña que roubar aos pais (incomprensíbel) E díxolle: —Vouche salir en forma de culebra, canto máis ruído faga, máis cartos traio! Tu non te asustes que son eu. O outro foi ás 12 da noite a esperala e tanto ruído sentiu que escapou e levou medo e dixéralle: —Cando chegue onda ti, escúpeme, eu xa non son o que son, pero non foi capaz. E seica dispois, andaba chorando por alí porque non lle salíu. Despois os pais non a quixeron.
Autor/a da transcrición: e~xenio