Doña Javiera que esa señora que ven aí, con ese collar así, (con esa capuchiña así blanca, a que está encima) do obispo, eso. Esta señora naceu e(...)en 1792, a finales do siglo XVIII. E foi unha primogénita, porque aquí sempre heredaban as casas os, os, os homes, e esta como non tuvo ermaus pois heredou ela e foi, xa digo, a última señora feudal. E bueno, esta señora casouse cun señor que se chamaba Don Luis Vicente Taboada y Vázquez de Temes que era o señor do pazo de Cartelos. É un señor que había moitas historias de el e bueno, foi un señor moi importante no seu tempo. E...cuando a, a invasión francesa, esta señora tiña como uns 18-19 anos. Os seus pais levárona a escondela, a esta señora e a outras rapazas de Monforte, señoritas, fillas de xente importante de Monforte, a unha zona que lle chamaban a, (o cu do mundo) que é cerca da Cova e tiñan unha bodega na, na ribeira do Miño, tiñan unha bodega e bueno, levaron a esconder estas rapazas alí e estuveron alí moito tempo pola, pola invasión francesa, non? E alí conoceu ao, ao seu marido(...)pa relacionarse pois tiñan reuniós, comidas, invitábanse e tal e alí conoceu ao seu marido que iban a visitalo. O seu marido vivía no pazo de Cartelos, en Carballedo, quedaba relativamente cerca. Bueno, pois alí conoceu ao marido, casáronse e bueno, foron os señores de Tor, xa digo, os últimos señores feudales. E este Luis Vicente fixo moitas milloras aquí no pazo, foi cando a invasión francesa, queimaran parte do pazo e entón foi quen reconstruíu o pazo e o fixo tal e como, bueno a última reforma que é tal como está hoxe máis ou menos. Tamén fixo a bodega, que a bodega que hoxe (incomprensíbel) que era a antigua bodega d'aquí do pazo. Fixo a bodega cun, cun sistema de aireación moi importante, naquela época, era cun sistema mui avanzado. E, había unha cuba que levaba 27.000 litros que tamén esa, na invasión francesa, decían os paisanos bueno despois cando fale (incomprensíbel) da Eirexe, contaralle cousas de (incomprensíbel) que sabe máis ca min; tamén lle contaba o seu, o seu pai e o seu abuelo. E bueno, abríalle á cuba francesa, iba todo o viño, decíanlle os vellos antiguos que iban (incomprensíbel) por aí abaixo, todos cheos de viño porque aquí, antiguamente, cosechábase moitísimo viño.
Autor/a da transcrición: e~xenio