Bueno, a señora sempre contaba esta historia como unha anécdota que lle pasara e que, que bueno, que a impactara moitísimo. Ela tiña como uns dez ou doce anos e na parte da horta había un tendal, onde se colgaba a roupa, entonces ela iba ca súa niñera unha tarde, bueno, ao anoitecer, ca súa niñera recoller a roupa que habían colgado a secar, non? Entonces ela viu(...)a niñera viu unhas luces que iban por aí, polo prado de abaixo e de dúas en dúas. Ela chamoulle a atención que a niñera que se puxo de rodillas e que empezou a rezar e, ela non (vira as luces aínda), non mirara pa ese lado, entonces preguntoulle á niñera:
—Pero Avelina, pero que haces?
Entonces a, a Avelina, dícelle, a niñera:
—Arrodíllate, mira reza, mira lo que va ahí. Esto es la(...) —porque ela sempre (incomprensíbel) en castelán, non? —Eh, esto es la Santa Compaña.
E bueno (incomprensíbel) quedou impactada e mirou as luces. Entonces viu que as luces iban, de dúas en dúas, e, e subían a unha casa que hai abaixo, na parte d'abaixo d'aí da finca e que lle chamaban a casa da Pedeneira, bueno inda lle chaman, que hoxe está deshabitada pero aínda existe a casa e que subían de dúas en dúas e entraban por unha ventana e aí desaparecían as luces.
Bueno, pasou a cousa, veuse pa casa e todo eso, e d'aí ao outro día, á mañá sighiente, pois tocaban a difunto, e bueno, que se había morto este señor, o, o (incomprensíbel) desta casa. E bueno, ela quedou impactada por aquelo. Despois, ao largo da súa vida, esta historia contouna moitísimas veces e bueno, despois cando ela se puxo enferma, o noso cura, o noso Avelino, tamén lle había contado esta historia, tamén estaba(...)quedou así un pouco impactado coa historia que lle contara e decía que claro que estas personas que habían visto a Santa Compaña, o día que faleceran que iban a vela ver outra vez, non a Santa Compaña senón que iban a ver personas que habían morto antes e que iban a sentilas coma as súas presencias. E entón, mira, se esta señora(...)cando vexas que che dice que ve algunha cousa, algunha xente que morreu antes, ou o que sea, dimo porque é que lle vai(...)parece que iba morrer pronto, non? E bueno, ela os últimos catro anos, deulle un derrame cerebral, e bueno, pois non falaba, e bueno, tiña moitas complicaciós e non sei se, se as vía ou non as vía, eu sei que o día que ela faleceu, o día 19 de enero do ano 98 e, e faleceu a, entre as doce e media e a unha da noite e(...)Eu na casa, na habitación dela sempre tiña, había un crucifijo e cunha veliña, desas veliñas do Santísimo que son así por fóra roxas e que se tiñan encendidas ao Santísimo porque aunque se consuman que non plantan fuego, tiña un platiño pa que non plantara fuego, estaba encendida sempre. E bueno, eu fun a darlle a cena e non quixo(...)non cenou (incomprensíbel) estaba con sonda, e bueno estaba moi maliña, casi non falaba nin nada, bueno e eso. Eu baixei un momentiño abaixo, á cociña, a recoller as cousas, cuando subín ela estaba como dormida. Chamoume a atención que estaba a vela apagada e fun a tocala e bueno, que estaba morta, acababa, acababa de morrer. Chamoume a atención porque se había consumido a vela ao mesmo tempo que, que, que ela había fallecido. E bueno, que me acordei daquelo que me dixera o cura e bueno, chamei o cura e de feito, púxolle os (incomprensíbel) a estrema unción porque ela era moi creyente e todo eso. E bueno, que nunca soupen si, si ela vira cousas ou non vira(...)pero bueno, que é unha historia un pouco curiosa polo feito de que, que se consumiu a vela ao mesmo tempo que, que a súa vida.
Autor/a da transcrición: e~xenio