Alghún tempo, que falaron antes do Verbo, falábase moito Verbo. Principalmente nas obras, chamábanlle fillo de punta ao capata[z] i el non se enteraba, que quere decire, fillo de/ e morrón de mala xeba, é o que querer decir. E, entonces, era un mozo que anduvo cunha moza e fuxeu e non lle paghou. E despois, os irmaus da moza andaban atrás del pa lle zurrare. E o cura enterouse e facendo que/ o domingo de mañán, pra avisar a el, facendo que decía a misa en latín, falou en latín pero en latín dos canteiros.
Argina quere decir canteiro. Rosmaches quere decir que fixo. Llastir é fuxire. Entonces o cura faloulle en, en latín.
Argina que rosmaches
e non xaspeaches
non sabes a trúa que che espera
llástate d'aquí
ves que che van (acalmacir)
E o outro abreu a porta e dicía: Amén! Pés pa que te quero!
Autor/a da transcrición: e~xenio