A. R: Antonio Reigosa, J: Josefina Ramos, V: Víctor Gil, P: Público
Antonio Reigosa: Mirade, é probable que vós ou moitas de vós, sobre todo os maiores, vísedes algunha vez o que teñen aquí gardado, védelo…
Público: É un licornio.
A. R.: Claro, aquí están os que saben e din: bah, é un licornio, pero seguro que hai moita xente que non sabe o que é isto… e eu sei que por esta zona e en xeral por toda Galicia e probablemente por toda Europa se usou moitísimo para o que nos van contar eles agora.
Josefina: Para o ubre… para o ubre da vaca de Elvira.
Victor: Despois, despois… despois pregúntache…Pois esto… hahaha
A. R.: Espere, espere, espere
J: Hahahaha… eu son moi apurada (…)
V: Ehh pois isto é un corno dun cervo, bueno, un cacho dun corno dun cervo, que trouxo o avó de miña avoa dos Pireneos, eh, e entón o que se utilizaba era para, para que se utilizaba, Pepa? Para que se utilizaba o licornio?
J: O corno, o corno era para… bendicíano , bendicíanlle o ubre ás vacas ou… e foi a de Rosita, a tía, a tía de Rosita, e quedoulle…, o can deitado, e entonces chegou á casa e levou o can, non, non, levou auga, levou a auga e xa veu o can canda a muller. Rosita non está aquí, pero se estivese ela habería contar o conto coma mín (…) somos veciñas
A. R.: Daba fe do, do(…)
V: Era para vultos, para…
A. R.: Pero como non está cónteo vostede, que lle fixeron…
V: Picáralle algo o can, picáralle algo ou que lle pasara?
J: Auga claro, botábanlle auga e …e xa lle pasaba, xa se bendicía.
A. R.: Eu asegúrolle que non sei, que eu non sei, cóntemo desde o principio…
V: Pois era… era como lle picaban… isto era bo para as pezoñas, ou para… tanto para vultos ou picaduras das persoas(…)
J: Ese tróuxoo meu abuelo e estivo catro horas alí, e, ata que pasase non pasaba nadie polo río, e despois metía os cornos, os corniños alí e facíalle así, e pasaba todo o mundo, vacas e, animais e… e logo, mire se non é (non se entende)
A. R.: Para que non lle fixese mal nada.
J: E despois el tróuxoo e témolo na casa, témolo alí coma se fora un… un millonario.
A. R.: Ben gardadiño, e úsano agora? Úsano para algo?
J: Non, conservado está alí…
V: Pero usamolo aínda ou non?
J: Eh?
V: Úsase isto ou non?
J: Se o puxemos?
V: Se o usamos aínda, aínda facemos auga ou non?
J: Fai como queiras… ti goberna, eu agora…xa vou pa cen anos, xa non podo gobernar…
A. R.: Non se preocupe, tranquila, imos deixar falar a Víctor…
V: Bueno, eu dou fe que aínda o usamos, que aínda vén ás veces…
A. R.: Imos deixar falar a, a Víctor…
V: Aínda vén ás veces Concha da Alén, o Ranchero de de, pois tamén aínda veu o Ranchero da Carballeira, pois eh…
P: Dou fe dou fe…
V: Alí está a fe…
J: Está aí o Ranchero?
V: Non garantizamos resultados pero si que se ten utilizado…
P: Eu tamén fun.
V: Eludín tamén foi…
P: Cunha caldeireta de auga…
V: E entón pois cando tiña unha picadura un can ou un animal..
P: Como se fai?
V: Pois e, e traían unha caldeireta de auga, normalmente non deixabamos levar o licornio, se non… isto é…
P: Métese dentro?
V: E entonces, pois faciamos unhas cruces e uns… uns re(…) …remexiamos na caldeireta e entonces levaban a auga e pois e… esa auga fregábanlle ó animal no vulto que tiña e en teoría iso curaba e pasáballe o vulto.
P: Como eran as palabras…que dicían?
V: Non se acorda, non se acorda das palabras, e, se alguén as sabe…
A. R.: A min o que me apetecía preguntar primeiro é, quen non probou o licornio, que debe haber 3 ou 4 namais.
P: Eu levei a ….a caldereita de auga.
J: Isto é barato que non se gasta nada…haha
P: E para o can…
A. R.: Vamos a ver, a ver se o entendín eu ben que son bastante tardón en entender… é dicir, como eles non o soltan da súa casa o corno, quen teña un problema vai alí fanlle o ritual nun caldeiro de auga, nun recipiente de auga, e esa auga que xa está pasada polo licornio lévase para casa e faise uso dela onde sexa, nunha persoa…
P: Eu boteilla a un can, que tiña a cabeza inchada e tamén lla botei…
A. R.: E baixoulle…
P: E despois desinchoulle…
V: Pero non se acorda, non se acorda…
A. R.: Non se acorda, e vostede acórdase? Non se acorda, quen se acorda das palabras?
P: Eu creo que non lle dicían palabras ninguna…
V: Bueno, miña abuela o que dicía era que na nosa casa que non se dicían as palabras porque podían dicir que era bruxería e en cambio Rosa do Chinque si que as dicía, pero Rosa do Chinque non está aquí por desgracia…
J: Morreu
A. R.: Dígaas…
J: Eh?
V: A ver que palabras dicía, acórdaste das palabras?
J: Non que despois rinse … rinse de min…
V: Dío, Dío, non se rin…
J: Din que son bruxa…hahaha, e eu non quero ser bruxa, non quero que digan que son bruxa…
A. R.: De verdade que non…
V: A ver días, di as palabras, isto non é bruxería, di as palabras.
J: Pero é bruxería, se non pasaba o ciervo polo río non pasaban os animais…
A. R.: Pero que palabras lle dicía?
V: Cando se bendicía a auga que palabras se dicían?
J: Eh?
V: Cando se bendicía que palabras se dicían? Que palabras se dicían cando…?
J: Con esta palabra, con esta palabra que eu digo, me sean perdonados mis pecados y delitos.
A. R.: Namais?
J: Namais.
A. R.: Repítao, que non o entendín ben.
J: Como lle dixen? xa non me acorda… con estas palabras que digo, me sean perdonados mis pecados y delitos.
A. R.: E facendo unha cruz, dúas, tres…cantas cruces?
J: Siiii, noh, cruces, as que queira, se ten tempo bota, faga anque sexa unha docena…hahaha, por iso non fai mal, por facer unha cruz…
V: Si normalmente facían tres cruces e remexían arredor.
P: Remexían…
J: A tía da nosa veciña, que é alí, case porta por porta, veu buscar o licornio, veu buscar a auga e volveu alá ó monte, a un montiño que temos alí cercano…
V: Como se chama o monte?
J: …O can quedou deitado…. O Carqueixal …
J: Deitadiño, e non saía de alí, e entonces levou María, María da tía Clara, que vós coñeciádela, que morreu, pero está Rosita, e Rosita sabe o conto coma min, …, e iso é verdá, porque, porque hai testigos, e, entonces, así, así foi, así foi que…
V: Foi buscar a auga e que?
J: Levantouse despoío o can, levantouse, e... e… levantouse e xa veu con ela.
V: E veu co can xa?
J: E troujo o can.
Autor/a da transcrición: Clara Gil Ramos