Ofelia Cañizo Paz: Había un muíño de maquía, aí na ponte, onde a iglesia, qu'está dentro a casa, non se ve pero ten o seu encanto, está dentro desa casa. E entonces, cando un, un neno ou nena se bababa moito, que lle caía moito a
baba, iban con el onda a muiñeira e, e, iban con el onde/ e a muiñeira decíalle: Límpate baboso, ou babosiña, que vale máis que seas gharboso ca que seas baboso. E pasáballe a vasoira polos fuciños.
Antonio Reigosa: E pasáballe/ o de babarse?
Ofelia Cañizo Paz: Si. E paraba de babarse.
Autor/a da transcrición: e~xenio