José "Pepe" Paz Ramos: Eu traballaba de carpinteiro, verdá, aquí en Doade e (...) cheghou alí unha mociña cunha rapaza coas pexas, pexada (...)
Antonio Reigosa: Dígallo á xente, que hai xente nova que non sabe.
J. P. R.: Eso es.
J. P. R.: E díxome: Carpinteiriño da boa ventura, córtalle a pexa a esta criatura. E fun coa machada e corteilla, corteille a pexa.
A. R.: Pero non os contou nada. ¿Que é eso da pexa?
J. P. R.: A pexa é pra cando os rapaces/ di que os rapaces/
A. R.: Cuando non dan arricado a andar.
J. P. R.: Ah, que non, non, non dan arricado a andare.
A. R.: Teñen unha pexa, é dicir/
J. P. R.: E, e, e despois, esa, esa cousa que, que (te van alí) e córtallo o, o, o carpinteiro e córtalle a pexa [átanlle] unha baraza e córtalle a, a baraza aquela.
A. R.: Córtalla no aire?
J. P. R.: Si.
A. R.: É dicir, vén atado con algún cordón ou cun (incomprensíbel)
J. P. R.: (Non), unha baraza, unha baraza. Unha baraza, si.
A. R.: E, coa machada do carpinteiro/
J. P. R.: Coa machada si. I eso ás rapazas que non, que non andan. Tarda en andar un rapaz o que sea, verdá? E cando/ pasando por aí, por onde o carpinteiro que/ córtalla e xa, xa/
A. R.: E cortoulla a moitos nenos?
J. P. R.: (incomprensíbel) máis a esa, a esa rapaza.
A. R.: Solo ese caso.
J. P. R.: (incomprensíbel) que non sei se camiñou despois ou non, ben. Eso n'o sei.
((risas))
A. R.: Pero vamos a ver.
J. P. R.: Hao saber a (incomprensíbel) está por aí, tamén por aí.
A. R.: E como era o/
J. P. R.: (...) O sea, a que me levou a rapaza, [es]tá por aí tamén.
(...)
J. P. R.: Onde está (incomprensíbel)?
(...)
A. R.: Como era, como era o, o, o dito? Como era?
J. P. R.: Carpinteiriño da boa ventura, córtalle a pexa a esta criatura. I eu fun coa/ tiña a machada, alí, naquel momento, porque estaba traballando de carpinteiro, aí en Doade, e agharrei a machada e cortei, corteille a baraza aquela/
A. R.: E que era, rapaza ou rapaz?
J. P. R.: Rapaza, rapaza.
A. R.: E nunca veu darlle as gracias nin nada?
J. P. R.: Non, (...) se quedou a cousa así. Non sei se anduvo me/ ou anduvo ou non anduvo. Non sei (...)
Autor/a da transcrición: e~xenio