Unha vez, era unha muller que era moito teimosa e moito da contra. Faláballe unha cousa o marido i ela, ao revés. E un día, díxolle el:
—Mañán non imos á festa.
Dixo ela:
—Pois imos.
E díxolle el:
—Ah!
Pra o outro día cheghou e dixo el:
—Logho vamos, pero non vas leva-la(...)non imos leva-las mulas
—Pois ímolas levare.
E díxolle el:
—Pois logho, ti leva a mansa.
E il como xa sabía como era, el íballe, tamén, dando corriente.
—Non, eu vou leva-la brava.
E díxolle el:
—Ah, bueno! Pero non leve-la pandeireita.
—Pois vouna levare.
E díxolle el, díxolle ela:
—Pois vouna levar.
E cuando iban cheghando a unha ponte, díxolle el:
—Non toque-la pandeireta!
Dixo ela:
—Pois vouna tocare!
Tocou a pandeireta e a muller caeu da ponte embaixo e foi polo río abaixo. O home atou as mulas a un carballo, marchou polo río arriba e procurando a muller.(...)
—Vístesme a miña muller? Caeume alá na ponte e n'a atopo.
—Pero, usté vai polo río arriba, ten qu'ir polo río abaixo.
—Non, ela andivo sempre ao revés, vai polo río arriba.
Autor/a da transcrición: e~xenio