Era no tempo do inverno e estaba unha ovella co año no monte. E viña a noite i(...)o año decíalle:
—Mamá, vámonos que vai vi-lo lobo e comeranos.
E decíalle ela:
—Repa, fillo repa, que mañán quen sabe se choverá ou nevará, sabe dios o que fará!
—Mamá, vámonos que vai vi-lo lobo e comeranos.
—Repa, fillo repa, quen sabe se mañán choverá ou nevará, ou sabe dios o que fará!
E, dentro dun pouco, chegha o lobo e díxolle:
—Vouche come-lo fillo.
I o año todo mortiño de medo!
E díxolle ela:
—Comerás, pero está sin bautizar. (Vamos) alí embaixo ao regheiro e mentralo eu bautizo, ti séntaste na moa do muíño.
E a moa do muíño iba dando voltas, i decíalle o lobo:
—Cálate leilón, que eu na troia non che me meto non! Cálate leilón, que eu na troia non che me meto non!
En canto a ovella escapou e mailo año e chegharon á casa, a ovella abreu a porta coa boca i o año cerrouna co rabo.
I o lobo dixo:
—Desde que son lobo lobán, nunca levei tan ghrande carreiriña en van!
I a ovella dixo:
—Desde que son ovella corruxa, non levei outra escarramuza!
I o año dixo:
—Desde que son año borregho, nunca levei outro medo! ((Aplausos)) —Nunca levei tanto medo!
Autor/a da transcrición: e~xenio