Eu de novo traballei no Pirineo, e coma el, coma min, moitos de(...)sobre todo de Pontevedra, de Xeve e de por aí. E cando marchamos pa o Pirineo, alá no Pirineo aragonés, en Huesca, había un que se chamaba Márquez, e que decía a máquina cando iba o tren andando: Vou por cartos, vou por cartos, vou por cartos! A máquina (incomprensíbel) das vías, cha-cha-cha, cha-cha-cha. E dicía: Vou por cartos, vou por cartos!
E iba alá, traballaba unha temporada(...)Traballamos unha temporada alá, non? Seis meses, oito meses. E outra vez viña pra casa o tren e cheghaba a Pontevedra e as máquinas de presión soltaban o vapor e (incomprensíbel): A que fuchessss? ((Risas)) Quedaba en nada! Non ghanara nada!
Autor/a da transcrición: e~xenio