Que festas son, xusto a semana antes das de Lalín? As do Montserrá, que quedan alí ao lado, e son as máis bonitas que temos; alí acudimos todos porque inda son unhas festas de campo, fanse nunha carballeira. E o ano pasado, e non vou decir quen foi porque aghora dende q'hai tantos medios de comunicación logho cheghan as noticias aos sitios. Unha semana antes das festas, un mozo de Lalín, entrou na ighrexa, axeonllouse(...)Ai, dios, que medo me meteu, eh! Axeonllouse no confesonario e díxolle ao cura:
—Póñame unha penitencia.
Dixo:
—Pero e logho, que fixeches?
—Póñama!
—Pero non cha podo poñer, home. As penitencias van remangadas no pecado.
Dixo:
—Póñama!
Dixo:
—Pero vamos a ver, que fixeches?
—Nada.
—Xa (logho) non cha poño.
Dixo:
—Bueno. Anda unha prima miña atentándome. Paso ao pé dela e faime así ((acenos) e chóscame un ollo. Póñame a penitencia!
E díxolle:
—Mira, non cha poño, ti vaite e non peques.
Pero eran as festas do Montserrá e foi o sábado á festa e ao domingo á primeira hora xa estaba na misa. Axeonllouse e dixo:
—Póñame a penitencia!
—Pero vamos a ver, que fixeches?
—Nada. Póñama!
Dixo:
—Pero non cha podo poñer, se non me dis nada!
Dixo:
—Bueno! Onte sacoume miña prima a bailar e baixábame a mau ao cu, e eu a subirlla i ela a baixarma i era un popurrí.
Vamos, que botaron vinte minutos de baile.
—E cando a deixei, boteime a correr de cara pa casa e veu atrás miña, botouse enribe miña. Póñame a penitencia!
Dixo:
—Está ben. Queres penitencia? Hala ter. Ti tes palleira na casa?
Dixo:
—Teño.
—Moi ben, pois vaste á palleira e comes medio carro de herba seca ((Risas))
El foi. Pero claro, colleu unha presa de herba seca e meteuna na boca e n'a daba enviado e volveu onda o cura e dixo:
—Mire, non lla dou cumplido pero díghame unha cousa ¿por que me pon unha penitencia tan estraña?
E díxolle o cura:
—Home, dancha verde e non a queres!
Autor/a da transcrición: e~xenio