Estando eu contando contos en Santa Comba, nun centro de maiores, cando acabei de contar veu(...)viñeron catro homes canda min tomar café e tres deles dixéronme:
—Que lle conte este que lle sabe moitas.
—Ah, pois que conte.
E díxome:
—No. Eu non sei nada.
E non hai millor señal, cando un o presentan como bo contador e di que non sabe nada, hai que lle esperar. Tomamo-lo cafe e funme despedindo dos catro. E deixei ao que contaba, seica ben, pa o final, e deille a mau e cando lla dei xa non ma soltou. E díxome:
—Eu, se quere, cóntolle o que me pasou a min.
—Ah, pois conte.
—Eu non son de Santa Comba, eu son de Mazaricos.
—Saben onde queda Mazaricos?
—Lonxe. ((Intervención do público))
—Onde o fixeron! ((Risas))
—Pero, casei pa aquí e paghei bo veciño. Tan bo veciño paghei que un ano nómbráronme a min ramista das festas. Xuntei o cartos de toda a parroquia. Paghei as orquestas e paghei as misas e sobráronme cartos.
—Logho tiña ben deles! ((Intervención do público))
—No, era...administrador.
E foi onda o cura preghuntarlle e díxolle:
—Mire, este ano sabe que xuntei eu os cartos pola parroquia. Xa lle paghei as misas, paghei as orquestas pero sobráronme cartos. Que lle parece que fagha con eles? Compro máis bombas ou chamo máis curas pa levar na procesión?
E díxolle o cura:
—Bueno home, eses cartos ghobérnalos ti, pero canto máis non se honra a unha parroquia que levando na procesión máis curas ca menos.
E díxolle el:
—Véxolle razón. Pero mire, canto máis non se honraba a esta parroquia, se os curas indo na procesión subiran tan alto como suben as bombas e estouparan alá na cima. ((Risas e aplausos))
E díxolle:
—Ghástaos no que queiras! Ghástaos no que queiras!
Autor/a da transcrición: e~xenio