Ustedes non saben, pero eu(...)unha amigha miña que dá clases alá en Vigho, casou pa alá, é d'Agholada, Agholada queda indo, indo pa Lugo, bueno, aquí Antonio ten que atravesar pol'Agholada unha chea de veces.
Agholada non é un sitio moi ghrande pero é un sitio onde se fai moita vida entre os veciños. E un día cheghou ela de Vigho de dar clase e estaba súa avoa cunha perna na estribeira toda vendada. E díxolle:
—Abuela, pero que lle pasou?
E díxolle a avoa:
—Mordeume un mono!
Dixo:
—Un can?
—Un mono,o,o!
—Un ghato?
—Un mono,o,o!
N'Agholada, á avoa de Anita, mordéraa un mono. Aquí falouse da emigración. Dous mozos d'Agholada viñeran do Brasil, trouxeran nunha maleta dous monos metidos. Un cheghou mareado do viaxe. Cando os sacaron da maleta, metéronos no ghaliñeiro ((Risas)) Non sabían que lle habían dar de comer...mantelos a plátanos víñalle caro. E mandaron ao pai(...)Dixo: Váialle botar algho ao mono. E botoulle, un mono xa morrera. Pero o outro, carajo! en canto lle abriron a porta, escapou pol'Agholada adiante e non a conocía. E foise meter a unha rima de leña da casa da avoa de esta amigha miña e cando saíu a avoa pa picar unhas pitelas pa prender o lume, dixo: Michiño! E foille dar así cun pé e o mono mordeuna. E coa misma, quedou ela berrando i o mono escapando. Tuveron que chamar aos municipais de Lalín porque alá os d'Agholada non eran capaces de perseghir a un mono. Viñeron dous municipais de Lalín cas pistolas carghadas. A tiros! A xente salía ás ventanas candos sentían os tiros pero(...)volvíanse meter dentro. Que pasará? Andan atrás dun mono! E cada un pensaba no veciño que peor lle quería. Pero que n'o maten, que n'o maten! Eu quérolle mal pero home, matalo así, tampouco!
E fórono seghindo, seghindo, seghindo hasta Borraxeiros. E en Borraxeiros o mono, viñéronselle as bághoas aos ollos e foi morrer no que máis lle recordaba á súa casa, no pazo de Borraxeiros, subido a unha palmeira. Pom! tirárono a tiros pero, a unha palmeira tuvo qu'ir non lle valía un carballo. E morreu, no recuerdo da súa terra natal, aquel mono. E a abuela curouse daquela perna que lle mordera o mono pero, a verdá, fora un caso que hasta salira nos periódicos. E non é de creer, verdá, casi parece unha mentira que se inventa un, que a unha persona aí n'Agholada, no interior, que a mordeu un mono. Pois si, i esas cousas pasaban.
Autor/a da transcrición: e~xenio