Pero eu que traballei na residencia de Lalín, inda o outro día, festas de Lalín, veu por alí a televisión de Ghalicia ghravar en directo pa salir polo satélite, que nunca eu salín polo satélite. Tíñalle algho de medo ((Risas)) Porque a furghoneta que traían os da televisión tiña unha escaleira detrás e dixen eu: A ver se hai que subir ao satélite! ((Risas)) Porque pa subir a un satélite, ighual hai que salir en tempo. Pero non era así, eso xa vai...dun sistema que non se entende. E, preghuntoume alí, entrevistoume, era pa salir en directo, pa eso vale o satélite, pa salir en directo. E, eu non sabendo que lle contar, díxenlle: Mire, un conto eu non llo podo contar porque leva moito tempo pero eu voulle contar o que pasou aquí, onde usté está de pé, aghora mismo, neste parque. E faleille dunha señora, da residencia de Lalín, que veu de fóra, e cando cheghou o primeiro día, non sei se o saben pero, unha persona maior cando a sacan do seu entorno, da súa casa e, de repente, a levan pa unha residencia pois, maiormente, hai que mirar que non a coma a pena, que non a coma a lástima, i eso era o meu traballo alí. E, o primeiro día, ela saleu dar un paseo e cando volveu, veu toda contenta e dixo:
—Ai, que contenta veño!
Díxenlle:
—E logo, por que?
—Porque aquí as rulas falan como falan alá na miña terra.
E dixen:
—E logho como falan aquí as rulas?
E díxome:
—Din o mismo. Din: Son curtas, son, son. Son curtas, son, son. Son curtas, son, son. Víche-las nenas? Vin, vin. E que facían? Tallaban e cosían. Buá!
E contoume eso e moito me ghustou.
Autor/a da transcrición: e~xenio