Quería decir de aí de Zobra que queda ben cerca, nós pensamos, dámoslle mérito cando as personas falan, pero eu o que topo aghora, é que moita xente, rapaces novos, xa non saben como falan os animais, non os saben entender. I eu creo que aquí hai xente que os entende ben, ou non? Os animais cando falan, enténdense ou non se entenden?
—Si que se entenden ((Intervención do público))
—Claro que se entenden.
Eu preghunto esto en Vigho a rapaces de, dos institutos e cando lle digho que en Zobra os animais falan e a xente os entende, pensan que eu tolei. ((Risas)) Pero eu, din que o que non é cegho que polo cribo...E cóntolle este caso: Hortensia de Zobra, díxome a min que seu avó lle ensinara, por primeira vez, como falaban os animais porque seu avó dedicábase, no vrao, a quitarlle a casca a alghunhos carballos e esa casca, levábana a vender ao lughar do Candedo. Pa que usaban esa casca? Quen lle acorda pa que se usaba a casca do carballo?
—Pa tinta. ((Intervención do público))
Pa tinta e pa curtir pieles. Pois, levaba un carro dela pero como pola cima do Candán, hai pouco arboledo, cando iban, non iban ir polo día, pola calor e iban pola noite, e contáballe el á súa neta que cando cheghaban ao Candedo, inda de noite, o primeiro que os ventaban eran os cas i os cas do Candedo non os conocían e ladrábanlle. Pero decíalle el: Os cans do Candedo non din: Ghau, ghau! O que din é: Fame, fame, fame!
Pero, un pouco máis adiante, cantaban os ghalos no nacente do día, pero os ghalos do Candedo non dicían: Quiquiriquí,í,í,í! O que decían era: Ai que noites larghas son,n,n,n! Ai que noites larghas son,n,n,n! E un pouco máis adiante, toparon unha estampa que non daban explicado ben. Tódolos ghatos d'alí deitados nos chanzos do hórreo, por ducias. Que facían alí? Os ghatos do Candedo, morrera un porco o día d'antes, e se morre un porco no vrao que se fai con el? Depende. Se morre de enfermedá entérrase pero aquel morrera porque lle partira unha perna e entonces, como a carne non se cura no vrau, matárono, partírono, comérono e sobrou i o que sobrou, pois as miudanzas foron pa os ghatos e pa os cas. I os ghatos estaban todos deitados. I os ghatos do Candedo, seghún o avó de Hortensia, non decían: ((Miaña como un gato)) Decían: Cheo de marria,a,a,au! Cheo de marria,a,a,au! Cheo de marria,a,a,au!
Entendíanos, sabíanos traducir. Por que? Sobre todo porque convivían máis con eles.
Autor/a da transcrición: e~xenio