Cando chegou a televisión en Lalín, que podía pensar a xente que era aquelo que era coma unha ventana pola que se vía outras personas. A primeira televisión que houbo en Lalín cheghou ao barrio onde eu nacín, ao barrio da Cacharela, e había nunha casa unha muller de noventa e seis anos. Puxéronlle a televisión na cociña, na mesa de mármol, na prolongación da cociña económica e non se prendía como se prende hoxe que ás veces está acesa todo o día e fala como se fora un máis da casa, bueno, fala moito máis que se fora un da casa, fala coma un tendeiro que quere vender. Prendíase ás dúas da tarde pa oi-lo parte, pa escoitalo. E aquela muller, ás dúas menos cinco, decíalle á nora:
—Tráeme o pano novo. Ponme as zapatillas. Bótame colonia.
E ás dúas prendíana e salía o presentador e decía:
—Muy buenas tardes.
Ela levantábase e decía:
—Moi boas tardes amigho. Ai que home tan educado! Tódolos días me saluda, non hai día que no fagha.
Pero aquí é donde está o secreto do que era a tradición oral, que todo o mundo ten dereito a contestar e a falar i as historias van como os chourizos, remangadas unhas noutras. Se eu conto unha cousa que ao outro lle trae o recuerdo doutra, normalmente, a outra persona contaba tamén i ela entendía que era así e cando o presentador contaba algho do que ela sabía, ela quería decirlle:
—Ai pois mire, nós aquí...Pero aténdame!
I un día pillouna o fillo ca televisión collida nos brazos, xente de moita forza, eh! e a ventana aberta, e díxolle o fillo:
—Que vai facer, mi madre?
Díxolle:
—Xente sinverghonza nesta casa na quero. Patapum!
E tirou a televisión pola ventana e botaron dous anos aforrando pa outra. E esas cousas pasaban antes porque a xente non entendía, salvo aos curas que lle deixaban falar todo, que unha persona na máis tuvera que falalo todo i o resto tuveran que calar e escoitar na máis.
Así que unha, creo que, pretensión desta tarde, algo que todos esperamos, é que de entre os que estamos aquí, saían moitas palabras pa contar unha chea de cousas, non porque queden ghravadas, que eso dá o mismo, senón pa pasa-lo ben entre nós, e se posíble, recrear un costume que había antes que eu ando por moitos sitios e vexo que é un costume que se perdeu.
Desde que hai televisión nas casas, alá en Zobra que vou moito alá, queixábanse porque se lle derramou o repetidor pero cando se lle derramou o repetidor nunca tanto se xuntaron pa falar que se lle derramara o repetidor. I eso, ao final, fixo que volveran unhos ás casas dos outros.
Autor/a da transcrición: e~xenio