Xavier Blanco, o gaiteiro de Moaña, desenvolve o seu traballo profesional na Escola de Música Tradicional do concello de Moaña. Artisticamente realiza unha laboura de difusión da nosa música de raíz a través de representacións didácticas cos seus instrumentos e indumentarias. Conta con varios traballos publicados entre os que destacan o monográfico da "Gaita de cana", "Os instrumentos Pobres" e as "Gaitas Troncais". Ten un amplo arquivo, produto das numerosas recolleitas que realiza ao longo do país.