En persoas como Dolores de Mandián, podemos encontrar cinco facetas da cultura oral da parroquia de Cerqueda: o legado da tradición dos Madamitos e Ghuardineros de primeira man, a lembranza das vellas cantigas de comparsas e regueifas, a memoria do repertorio da música de pandeireta nos lugares da ribeira de Cerqueda, un amplo repertorio da contística popular contada a carón da lareira e, por último, as desaparecidas representacións parateatrais do entroido de Cerqueda nos anos anteriores á Guerra Civil. Case nada!