E…acontecéralle ao seu pai, ela coñeceuno porque eran cousas que se comentaban na casa según foron sucedendo i entonces ela viviuno en primeira persoa, i ela decía que seu pai era unha persoa que era moi destemida, que estaba afeita a andar de noite, por razós de traballo, só por aí, entonces que non era unha persoa que fora especialmente aprehensiva e tamén ela destacaba, ela e a súa familia que o seu pai era un home moi serio i que cando contaba algo era que realmente sucedera así.
El, alá polo ano 1960, ocurriu este, este, este suceso, no tempo da carrexa dos moios. No vrau, no mes de xullo. O seu pai erguérase moi cedo porque quedara con outro veciño do pueblo co que sempre andaba en ir xuntos á carrexa e tiña que avisalo. E, Falou co veciño, primeiro acomodou a xugada, foi ata casa do veciño, tiña que pasar/esto foi no pobo de Ganal. Tiña que pasar pola carretera, tiña que pasar unha pontiña e logo volver pola carretera para casa.
Foi hasta casa do veciño pa avisalo de que xa tiña todo preparado para saír, era moi cedo, inda era de noite, eran como as cua/ catro ou cinco da mañá. E despois, xa cando xa volvía para casa, para subir as vacas e marchar, de repente, viu ao lonxe a tía María, unha señora do pueblo, diante da casa dunha súa sobriña e que viña camiñando hacía el.
Estranouse moito de ver a tía María a esas horas pola,pola calle e dixo, e dixo: que cousa máis estraña non? Pasaríalle algo á sobriña? Ou os nenos que ten a sobriña poríanse malos ou algo? Que tamén lle estrañou que na casa da tía/da sobriña da tía María pois non había ningunha luz, estaba todo apagado.
El era fumador, encendeu un cigarro e seguiu camiñando. Ela viña hacia el i el iba hacia ela, osea, íbanse cruzar no camiño. Según se iba acercando viu que a tía María iba vestida cunha saia negra moi fruncida e cunhas botas negras, altas, de cordós cruzados, das que se empregaban antes i levaba unha toquilla atada na cintura.
Viña moi arreglada, que era unha roupa que non era como para andar de faena non? Estranoulle moito a roupa que levaba a tía María, enseguida, apreciou algo estrano, que era que a tía María levaba os brazos estirados ao longo do corpo, pegados ao corpo, i que non se lle oía pisar nin se vía ningún tipo de movemento de, do andar. Parecía, tal como a describía el, pois unha silueta vestida, como unha cousa que levaba o ar, que se iba como deslizando.
Había un pequeno altiño e viuna así vir cara el, según se viña acercando non lle parecía unha cousa normal, non lle parecía unha cousa deste mundo. Entonces el non chegou nin a saludala, osea, viuna acercarse e, cando se iban a cruzar, el apartouse un pouco para deixala pasar, e cando a silueta pasou xunto a el sin decirlle nada todo o seu corpo se arrepiou e sentiu como que algo se lle revolvía dentro, pero non sentiu medo...non tiña medo pero sentiu unha sensación moi estraña no corpo.
As súas palabras o que el vira pasar por diante del era anque non é, parecíalle a tía María pero non era realmente a tía María, e seguiu camiñando hacia a súa casa. A chegar ao alto da carretera deu a volta para mirar a ver hacia onde iba ela, e viuna meterse hacia casa dela, pasando as medas de mallar, ela xa carrexara e xa tiña a meda feita. Meteuse por alí entre as medas chegou á porta da súa casa e na misma porta da casa desapareceu sen abrir a porta nin nada. Para el, o que dicía era que non era unha cousa normal deste mundo.
Ó chegar á súa casa, el, o pai da persona que mo contou, falou ca nai do encontro ca tía María, e describiulle como iba vestida, cas botas de media caña con cordós por diante, falda negra e como unha toquilla que cruzaba na cintura.
I el díxolle, esa muller vai morrer, contestoulle a muller: anda, non che! Se fora morrer daquela levaría un mantón negro, que naquela época as mulleres cando falecían na,na zona esta sempre as vestían, as vestían cun mantón negro a non ser que fose unha familia moi, moi pobre que non pudera facelo, pero sempre se vestían cun mantón negro.
Pasaron unhos poucos días, chegou a malla, xuntáronse os veciños todos para a malla, i el foi, a tía María tamén estaba alí traballando. A media mañá daban unha rolda de viño así para descansar. A tía María serviulle ó pai desta persona pois un vaso de viño i el pensou a tía María serviume este vaso de viño pero vai ser o último que me sirva; foi unha sensación que lle deu a el, non?
Ao cabo duns días tocaron a defunto, non se sabía de naide no pobo que anduvera mal, preguntaron quen era, quen non sería,quen sería, i no pobo lle dixeron que fora a tía María que falecera, sin coñecérselle enfermidade ningunha.
Na casa como se contara, como el falara ca, ca, ca súa muller de que...de que a tía María que iba morrer porque a vira naquelas estrañas circunstancias, falaban da roupa que iba levar a señora, da que non iba levar, pos ao final a súa muller que decía que era imposible que a foran enterrar sin mantón decidiuse ir alá, ó velatorio, e ver como iba a tía María vestida.
Chegou alá, resulta que a viu co mantón, e volveu pra casa e comentoulle ao marido: ves, como lle puxeron o mantón! Xa sabía eu que a filla non a deixaba marchar así, sin mantón nin sin nada. O pai inda non estaba seguro d'eso, non cría o que decía a muller, decía: pois a min esto non me cuadra. Ela vai ir como che contei eu asi que...El foi alá, a comprobar que a muller lle decía a verdá e atopouna co mantón posto.
A sorpresa foi que cando a foron a sacar da casa para levala enterrar, a súa nai que estaba alí presente, a muller do que contaba a historia, viu como a familia acercábase á tía María, á caixa, e lle quitaba o manto. Entonces ó verlles facer eso ela díxolle á filla da tía María: pero tu como lle quitas o manto a túa nai. Todo o mundo, todas as mulleres eiquí no pobo levan o manto e tu llo quitas!
A filla contestoulle: pois mira, quítollo pola seguinte razón: sempre me tuvo encargado que non quería que cando morrera levara/eu non quería cando morrera levara o manto. Entón eu púxenllo e mentres ela estuvo de corpo presente para que estuvera como todo o mundo, como todas as mulleres van así pos deixeino, pero agora remórdeme a conciencia meterllo cando ela non o quería.
Entonces, efectivamente quitáronlle o manto, cerraron a caixa e a tía María foi tal cual a vira o señor Manuel.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro