Bueno, a min deixáronme aquí os mandamentos pa lelos, pódesen aplicar a mozos, a mozas. Eu vounos aplicar ás mozas, vale? É máis doado. Di que os Dez mandamentos do amor:
O primeiro é amar á moza sobre tódalas cousas.
O segundo, non (xuralo) en vano.
O terceiro, tolerarlle todos [os] caprichos que pida.
O cuarto, bicala e deixala bicar.
O quinto, non enfadarse nunca, nunca, e (perdonar) que sempre esté contenta.
O sexto, non ter amistá femenina máis que, ca da moza.
O sétimo, non pedirlle nunca regalos.
O oitavo, acostumbrarse ás condicións do seu bolsillo.
O noveno, non ser celoso, mentras non haxa probas.
O décimo, consolala de maneira máis dulce.
E logo, se se é capaz de cumplilos todos, estos mandamentos (encérroos) en dous:
Contenta ela, contento[s] os dous.
Autor/a da transcrición: e~xenio