Pintor, axitador socio-cultural, músico tradicional e escritor que basea a súa produción na lírica de tradición oral. Froito da súa pluma nacen romances e coplas satíricas que conforman parte importante do entroido bergantiñán. Todos os seus recitais de entroido van emparellados con representacións parateatrais e figuras satíricas. Como músico do dúo Quen (Mos) Queira, xunto con Xosé Manuel Varela, leva anos recuperando a presenza do acordeón diatónico na Costa da Morte.