Cantar de cego
A xeito de cego veño
a contar catro verdades.
Se aquí a xente presente quere
e me deixan as autoridades.
Como ben podedes ver
...................cualidades
e estou aquí a pedir
por «ver» se algo me dades.
Son un cego do carallo,
curto e fino da vista,
algo coxo do sentido,
e o primeiro que se «chispa».
Mendigando nesta feira
un grolo de viño a calqueira,
aínda coxo desta perna
eu hei saber dar coa taberna.
(Retrouso)
Ando a pedir esmola
coma un «probe» mutilado.
E aínda que pareza parvo,
son un pillo de coidado.
Eu queríame «empenicare»
na taberna desta feira
e moita sede vou pasare,
pois roubáronme a carteira.
Todos os aquí presentes
poderiádesme axudare:
dádeme unha boa esmola
para poderme emborrachare.
Mendigando nesta feira
euros para a miña carteira,
aínda coxo desta perna
eu hei saber dar coa taberna.
(Retrouso)
Non ás drogas adulteradas,
deseño de laboratorio,
nin ó maltrato das mulleres
con ou sen o matrimonio.
Hainos brutos de carallo,
agresivos de carácter,
que non controlan a súas forzas
nin para ir cagar ó váter.
Non máis sexo sen condónhe,
nin «brebaxes» de garrafónhe
para pillar un cagallónhe
nalgún cheirento botellónhe.
Sinalado nesta feira
coma un fillo de solteira,
aínda coxo desta perna
eu hei saber dar coa taberna.
(Retrouso)
Xa case que cheiro o viño
e xa vexo o taberneiro.
Irei mollar a palleta
que a saúde é o primeiro.
Que saian tocar as ghaitas
e as mozas tamén bailare.
Que quero tomar un viño
e non teño onde arrimare.
Sacade a bailar a xente
sen desprezar a ninguénhe.
Movede ben o pandeiro
que do viño reparo euhe.
Mendigando nesta feira
euros para a miña carteira.
Aínda coxo desta perna
eu souben dar coa taberna.
(Retrouso)
Autoría do texto: O’Mighelo (Miguel Anxo Calvo)
Autor/a da transcrición: Xosé Manuel Varela Varela