Anaco dunha peza interpretada polo ilustre tocador de trompa xa desaparecido Herminio Villaverde, tirada da reprodución do vídeo “Noite de polavila”, imaxes que acompañaron o desenvolvemento da polafía e que foran gravadas o 18 de novembro de 1989 no antigo edificio do Museo Comarcal da Fonsagrada. Naquela polavila, presentada e coordinada por Emilio do Pando, e da que se garda copia da gravación no arquivo do Museo Comarcal da Fonsgrada, representáronse diversos oficios, músicas, bailes e narracións orais, e participaron, entre outros, Florinda (castañeira), Ramón da Caroca (zoqueiro), Amelia (costureira), Felicitas (ripadora), Carme (fiadora), Ramón do Chocolateiro (gaiteiro), José Marentes (gaiteiro), Herminio Villaverde (narrador e tocador de trompa), xunto cos outros veciños e veciñas da Fonsagrada.