Manuel Fernández (gaita), Antonio Fernández “Paradiñas” (bombo), José Pérez (tambor). Parella de baile, Clara Vilabrille Rodil e Rocío López López, da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, instruídas por Lis Latas.
O grupo Antaruxas e Sorteiros, que pertence á Asociación cultural do mesmo nome, creouse no ano 1986, a pesar de que levaba dende 1979 como grupo de baile rexional e gaita tradicional. Co tempo a asociación foi acollendo outras actividades, tales coma clases de piano, solfexo, tambor, pandeireta, cursos de cociña, inglés, bailes de salón e outras de diversa índole. Cabe destacar a recente e exitosa creación da Coral Polifónica "Souto do Reiseñor". Neste grupo combínanse unha depurada técnica co esplendor dos seus modos e usos tradicionais, como se pode apreciar nas distintas vestimentas que se lucen e no uso exclusivo de instrumentos puramente típicos. Pola súa actividade folclórica ininterrumpida e os seus traballos de investigación, catalogouse a Antaruxas e Sorteiros como un dos grupos que mellor souberon conservar a idiosincrasia dun pobo, "o galego" e , sobor de todo, o legado dos nosos mellores fonsagradinos.
O noso grupo folclórico ten percorrido xa unhas cantas veces todo o territorio nacional, e unha parte importante da veciña Francia, así como participado en festivais nacionais e internacionais, de norte a sur, en Portugal. As súas actuacións sempre deixaron un bo recordo do seu paso polos escenarios, medíndose con outros grupos de recoñecido prestixio. Entre as actividades permanentes e outros moitos actos puntuais da Asociación Cultural, destaca especialmente a celebración anual do seu festival Folclórico Internacional (sempre no segundo fin de semana do mes de Agosto), fomentando o intercambio de culturas coa participación de grupos representativos de distintas autonomías e tamén do estranxeiro, á vez que constitúe un dos máis grandes reclamos populares. Todo esto non é mérito especial de ninguén, senón o froito dunha estreita colaboración de todos (socios, veciños, pais, nai, avós, profesores, alumnos, etc). Na actualidade, o grupo de baile conta cunha canteira moi atrevida composta por trinta nenos de catro, cinco, seis e sete anos, que xa nos veñen empurrando.