A Banda de Gaitas de Maceda foi creada no ano 1996 e está formada por 20 músicos; basicamente xente nova da comarca. Esto fai que a nosa música teña continuidade e estea garantida a afinidade coa nosa cultura. Cabe destacar desta banda tanto a calidade de concertos e pasarrúas nas súas actuacións como a vistosidade e estética; tendo no seu repertorio músicas que van dende o máis tracional como a Muiñeira de Chantada ata movementos máis actuais como Tattoo de Mmicke Olfield; utilizando instrumentos tracionais en formacións como cuartetos ou quintetos así como incorporando instrumentos enriquecedores doutros xéneros como darbucas, frautas, multitonos, timbais, caixón flamenco, etc. Das actuacións podemos nomear concertos e pasarrúas por toda a xeografia galega e española com aídas ó extranxeiro: Portugal, Francia, Escocia etc. Salientar a súa participación activa e destacada en campionatos nacionais e nos campionatos do mundo de Escocia en Glasgow, unha das poucas bandas de gaitas galegas que poden presumir de teren participado neste evento. Esta banda ten un compromiso permante co pobo de Maceda organizando nos anos 2004, 2005 e 2006 un festival musical chamado “Tattoo galego” no castelo de Maceda no que moveron a máis dun cento de músicos en cada un deles e facendo unha mostra das distintas formacións musicais relacionadas co mundo do floclore tanto nacionais como internacionais. Para findar indicar que actualmente esta involucrada nun proxecto discográfico coa fin de axudar ó espallamento da nosa música e a nosa cultura.
Muiñeira de Chantada.- tradicional galega, do gaiteiro de Soutelo.