Grupo de pandeireteiras formado no ano 1999 grazas as inquedanzas dun grupo de mulleres da vila de Maceda co claro obxectivo de pór en valor e coñecer máis profundamente parte do noso patrimonio inmaterial concentrado na tradición musical. Xa desde o primeiro ano o grupo participa en numerosas festas e romarías da provincia de Ourense. Actualmente, a asociación está formada por máis de trinta persoas de todas as idades ilusionadas por manter viva a nosa tradición a través das novas xeracións.
Integrantes: Aída Poza, Ana Mª Otero, Mercedes López, Ánxela Villar, Yolanda Gómez, Felicidad Fariña, Ana Prol, María Riesco, Patricia López e Rosa H. González.