Profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña. É autor de diversos estudios e edicións críticas de escritores de preguerra (Ramón Cabanillas, Vicente Risco, etc.) e actuais (Bernardino Graña). Participou tamén en obras colectivas como a Historia da Literatura Galega (1996), editada por A Nosa Terra/A.S.-P.G. e Literatura galega. Século XX (A Nosa Terra, 2001). Como poeta deu á imprenta até o día de hoxe dúas obras, Este é o tempo do sal (Accésit do Premio Esquío, 1991) e As palabras no espello (Ed. do Castro, 1995), esta última galardoada co VII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.