De familia orixinaria de Muras, naceu na Habana en 1923 e regresou a Galicia en 1932. Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras. Estivo casada co oftalmólogo Antón Beiras García. Pedagoga insigne, fundadora da Escola Rosalía de Castro de Vigo en 1961, centro pioneiro en Galicia do ensino en inglés, castelán e en galego.