Para ser bo mariñeiro
para ser bo mariñeiro
tres condicións hai que tere
conocer o mar e os barcos
e non ter medo a morrere
e non ter medo a morrere
Ailalelo, ailalalo
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña para navegar
para navegar, para navegar
eu son mariñeiro da beira do mar
Arrimadiño a unha pena
arrimadiño a unha pena
púxenme a considerare
os traballiños que pasan
os mariñeiros no mare
os mariñeiros no mare
Ailalelo, ailalalo
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña para navegar
para navegar, para navegar
eu son mariñeiro da beira do mar
Funme de Vigo a Moaña
funme de Vigo a Moaña
remando nunha lanchiña,
vin pasar o berberecho
detrás da berberechiña
detrás da berberechiña
Ailalelo, ailalalo
Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña para navegar
para navegar, para navegar
eu son mariñeiro da beira do mar
Autor/a da transcrición: e~xenio