Sabemos todos que antighuamente non era coma hoxe, non había veterinarios, entonces había nas parroquias sempre así un que era algho máis técnico, chamábanlle o albeite, pois este é o caso de José, José era albeite e, e había alí na parroquia unha vi/ unha solteira que estaba de bo ver pero xa non era nova e José tampouco, claro, José xa (es)taba casado e decía el: mira ti, chámanme todos para unha vaca, outros pa'o can pero esa ten cabras e ovellas e nunca me chama, carallo! Pero un día, á salida da misa, ai, Joseíño! díxolle ela, tes que vir aló. E logho? Teño unha cabra acabando de morrer, oh, e quérolle moito, sempre trae dous cabritos e dá moito leite! e teño moita pena dela, tes que vir aló. Díxolle el, bueno muller (incomprensíbel) xa che irei. Foi, os albeites xa se sabe, non sabían moito, sabían algho pero pouco, el tiña que facer o papel de que lle facía algho á ovella (incomprensíbel). Trae p'aquí un, un xabrón de lagharto e mais unha pouca augha quente. A cabra alí estirada, lavoulle ben o fociño con xabrón de lagharto e ca augha quente aquela dixo el bueno aghora está xa ben pero temos que rezar eu mais ti unha oración pa que te sane de todo. Ai eu fagho o que sea oh, fagho o que sea pola ovelliña, vaia por dios, a ver, rezamos. Ti mira, eu hei decir unhas palabras e ti dis atrás, ponte aí, ponte aí contra o pesebre e escarrancha as pernas, dixo el, téñoche que mete-lo pito no medio das pernas senón a ovella non cura. Pois si home xa está, fai o que ti queiras. Póñense agharrando un ao outro e decíalle: derredor, derredor, derredor pa que a cabra se poña mellor (incomprensíbel) nun momentiño deses ela requentou tanto e díxolle: ai José, no medio, no medio anque a cabra nunca teña remedio!
Autor/a da transcrición: e~xenio