O silencio fala. Eu imaginando o Outeiro do Coto coa súa voz silenciosa e dice:
Que pena me deches home
cando aquí te vin chegar,
a plantar as tarabelas
e o meu silencio roubar.
Eso dice o Outeiro do Coto coa súa voz silenciosa.
Levo aquí millóns de anos,
ti inda chegaches onte,
ningún dereito te ampara
a estropear este monte.
Eso dice o Outeiro do Coto ás tarabelas coa súa voz de silencio, que é a voz que hai que escoitar. O silencio fala.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro