Este era un caso, dous amigos que iban traballar así a un aserradero e, e un era moi falador, falaba todo o camiño, pero un día parou e díxolle o outro: pero que carallo che pasa que antes falabas a dios agora non falas nada, que tes, estás enfermo? Dixo el, cala oh, cala. Teño un disghusto. E logho? A muller oh, que me pegha. Díxolle, bueno home, o choio é jodido abondo. Non é que me peghe non é jodido e que agora o saben todos os veciños hasta os rapaces cando van p'a escola di: aí vai o que lle pegha a muller, ja, ja, ja (incomprensíbel) e estouche neghriño e dixo porque eres parvo, ti cando vaias pa casa/como fai ela cando che pegha, berra moito, non? dixo: berra abondo pero aínda pegha máis ca berra. Dixo, bueno pois entonces fas da maneira que che digho eu e acábase o conto. Cando ti/ela che peghue, a leña lévala ighual, pero en ves de ser ela a que berra, ti berras máis: Cabrona, desghraciada, se morreras, vas ir pa casa de túa nai, todo eso e entonces os veciños xa te oen e aínda pensan que es ti o que peghas.
Chegha o viernes borracho como unha tella, colle a outra a vasoira, leña coma sempre! Empeza coa retrónica: lacazana, desghraciada que te vou mandar para casa de teu pai, que tumba e que revira! Vaise ela, enfadouse aínda máis, enghánchao polo pescozo, abreu a ventana, vivían no terceiro, tírao p'abaixo e cando iba polo aire dixo el: i ahora pa que vexa, marcho da casa!