Entrei na Cruña cantando
preghuntáronme d'onde era
da parroquia de (Reiboe)
daquela bendita terra
da parroquia de (Reiboe)
daquela bendita terra
E ti telo telo
e non mo queres dar
e despois de vello
halo de salar
halo de salar
halo de salar
e ti telo telo
e non mo queres dar
A fuliada vai nela
a fuliada vai nela
de vintecinco parroquias
han de vir aquí a ela
de vintecinco parroquias
han de vir aquí a ela
Eu non vou, non vou,
eu non vou alá
á casa do cura
que me quererá
Que me quererá
que me ha de querer
e unha criada
quérema vender
A mina de (Varilongo)
ten vintecinco escaleiras
para subi-las casadas
para baixa-las solteiras
para subi-las casadas
para baixa-las solteiras
E ti telo telo
e non mo queres dar
e despois de vello
halo de salar
halo de salar
halo de salar
e ti telo telo
e non mo queres dar
Teño unha nena embrazada
outra téñoa parida
outra téñoa na cama
coa barrigha pa riba
E ti telo telo
e non mo queres dar
e despois de vello
halo de salar
halo de salar
halo de salar
e ti telo telo
e non mo queres dar
San Xoán díxolle a Cristo
que non o adormentase
para ver baila-lo sole
día da súa romaxe
para ver baila-lo sole
día da súa romaxe
E volta e vira
e volve a virar
e voltas de (incomprensíbel)
son malas de dar
son malas de dar
son malas de dar
e volta e vira
e volve a virar
Vaina levando con xeito
vaina levando con xeito
ela é rapaza nova
non a rebentes do peito
ela é rapaza nova
non a rebentes do peito
Vouvos da-la despedida
despedida vouna dando
vouvos da-la despedida
e despídome cantando
vouvos da-la despedida
e despídome cantando
Que saber d'onde son
botando a vista pa atrás
son do lugar de Folgoso
moi cerquiña de San Blas