Iban polo prado abaixo
o merlo e maila merla
iban polo prado abaixo
o merlo como era pillo
botou a merla debaixo
botou a merla debaixo
ailalelo, ailalalo
Iban polo prado arriba
o merlo e maila merla
iban polo prado arriba
o merlo como era pillo
botoulle a pata por riba
botoulle a pata por riba
ailalelo, ailalalo
Casamenteiro das vellas
San Antonio de Catoira
casamenteiro das vellas
por que non casas as novas
que mal che fixeron elas
que mal che fixeron elas
ailalelo, ailalalo
Aí vos vai a despedida
aí vos vai a derradeira
aí vos vai a despedida
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira
rompeu a chiculateira
ailalelo, ailalalo