Vouvos dicir unha cousa
que vos habedes de rir
un gueiteiro mui gracioso
un día no mes de abril
El chamábase Cristovo
e a muller Micaela
tocaba nas romerías
fuliadas e nas festas
Ghanaba moito diñeiro
tocando a súa ghaitiña
mozos, rapaces e vellos
rabeaban por oíla
Cristovo na fuliada
tomou demais unha pinga
e vendía a súa ghaita
sin saber o que fasía
Ao cheghar á nuite á casa
borracho como un pelexo
onde botaches a ghaita
Cristovo que eu no cha vexo?
A ghaita Micaeliña
vendina na fuliada
que de tan acabediña
de vella xa non tocaba
Válghante os demos Cristovo
sinverghonza e porcalleiro
várrete de xunta min
que eu sin ghaita non te quero
Marchou Cristovo da casa
coa cabeza beixada
desindo: pobre de min
pra que eu vendería a ghaita
Pró outro día siguiente
comprou outra nova ghaita
entrou pola porta adentro
tocando unha ribeirana
Miña Mica, Micaela
podes estar contentiña
xa traio outra nova ghaita
moito millor ca a que tiña
Micaela de contenta
botoulle as mans ao punteiro
e dixo bailando soa
tiruliro meu ghaiteiro
Ahora mosas solteiras
fiavos no meu consello
pásalle revista aos mozos
a ver si ten instrumento
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro