Veño dunha romería
miña nai non me riña
pasado mañán hai outra
(irei eu e) vós quedar
Nunha noite me colleron
nunha fiada de lan
nunha noite me colleron
noutra non me collerán
Se queres a boa moza
n'a busques na romería
buscarala en cas seu pai
coa roupa de cada día
María ten boas pernas,
que lle vin no corredor
non vin pernas coma elas
na filla dun labrador
Déchesme unha pera podre
toda rilada dos ratos
e a quen lle deches os bicos
dálle tamén os abrazos
Ai, que pernas para medias
ai, que pé para sapato
ai, que cara para besos
ai, que corpo para abrazos
Dixeches que me querías
para unha noite de oscuro
desta fariña non comes
anque te volvas ghorghullo
Viñeches á nosa casa
dixeches que non volvías
inda as veces que viñeches
do demo falta facía
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro