O lughar da Rabadeira
é un lugharío ghuapo
ten un descanso no medio
pa (incomprensíbel)
(incomprensíbel) Ghuillermo
pero xa vai un vello cansado
seghún dicen os veciños
non leva dous a cabalo
Pois logho cansa (a calquera)
(incomprensíbel) na Rabadeira
Eu non sei que lle pasou
ao amigho Lavandeira
O home botou mil contas
o día que se casou
foi pa xunta o señor cura
ver o que lle pasou
Dixo o cura de (Seavia)
várrete de aquí, langrán
casamentos de moinantes
pouca ghanancia me dan
(incomprensíbel) ten boas mozas
Tamén terra da Salgheira
Caldelas é o lughar
que baixa da Rabadeira
Eu caseime pra a montaña
eu caseime cunha moza
porque ela cantaba ben
aghora morro de fame
o cantar non me mantén
As rapazas d'alghún tempo
todas xuntas nunha eira
Unhas cantan, outras bailan
outras andan á xaneira
Non te cases pra a montaña
que a montaña é moi fea
leva tres días e medio
subir un carro de (area)
Rapaciña da montaña
se te casas pa Ribeira
dentro de moi poucos días
has de (incomprensíbel) da leiteira
Eu quixera vender máis
e non teño moita carraxe
(incomprensíbel) voltas arredor
e non tuven quen me comprase
(incomprensíbel)
(incomprensíbel)
(incomprensíbel) descansare
aghora que xa vou vello
non hai nada que esperare
E con esto eu teño que deixarvos que vexo moi pouco. Teño que deixarvos porque eu...cánsaseme moito a vista.
Nacín na Silvarredonda
e recorrín tódala ribeira
e non encontrei regueifeiro
que me dera unha malleira
Nacín na Silvarredonda
terra de moi boa fama
na baixa de Bergantiños
no concello de Cabana
Na baixa do concello de Cabana
a terriña onde eu nacín
Dios queira que moitos anos
aínda se acorden de min
Concello de Cabana
cousiña que eu conozo
cando me acorde, cando eu morra
hanme levar ao pozo
Con esto me despido
de todos os que hai aquí
douvos moitas ghracias a todos
por me escoitar a min
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro