Están casi todas relacionadas pois bueno coa morte, non? Coa morte aquí en Galicia o que é a tradición sobre a morte xa, que creo que nos vén xa desde fai milleiros de anos non? Xa cos costrutores dos, das, dos megalitos, das mámoas, dos, das santas i creo que inda, inda perduran non?
E entón, bueno pois nada, hai alí no Folgueiro, na parroquia de Suevos, alí no Vicedo, non fai moito tempo seica non? Que bueno era unha muller que vía a morte, vía a morte i entón pois iba, iba un día paseando por alí con un veciño i lle dixo: amaina, amaina o paso que aí ben un enterro. I entonces o home lle dixo: bueno pero tu estás tola, ti a min que me contas onde vén un enterro aquí e tal non? Entonces a muller lle dixo: da túa casa vai saír. Efectivamente, pois disque esa mesma noite lle morreu a muller.
Despois alí na, na encrucelada, tamén alí cerca alí no Colgueiro non?, unha muller ao percibir, ao ver a morte achegarse non?, lle dixo á nora que a acompañaba levanta a man que aí vén un enterro; seica ao levantar a man o que era a desgraza desaparecía non?
Despois en Mosende, en Mosende hai un caso curioso, ese xa non o teño, bueno pero vamos a ver, en Mosende pois resulta que unha vedoira lle dixo a outra: o día do enterro, o día do teu enterro solo che van celebrar, van celebrar o que é a misa tres curas. E lle dixo a outra, lle dixo: iso é imposible! Iso é imposible cando a todo o mundo lle van catro.
Sei que era así non? Antes se xuntaban i, e lle dixo, i non te van levar por o camiño, por o camiño que ti sempre quixeches que che levaran. Pero como que non? Si quixen sempre un camiño que aí eu sempre lle tuven moito aprecio e tal, bueno, o feito é que morreu o home. I, efectivamente, chegan i tres curas. Colleron, cumplindo a volun/ a vontade do home pois levárono polo camiño que el, polo carreiro que el quería que discurrera o seu enterro. Porque tiña alí, bueno, seica, había alí unha cruz que lle tiña moito cariño, quería que fora por alí non? Pois nada, con tan mala sorte que cando se iban á mitá de camiño da igrexa de Mosende, pois nada estaba todo aquelo totalmente enlamado, enlamado e era imposible pasar por alí. I tamén tiveron que dar a volta e ir polo camiño que iban todos os, iban toda a xente.
E, bueno, para rematar, xa , bueno esto é unha lenda que lle teño moito, moito apego, esta é unha lenda e é real. Esto si é real. I pasou e...arredor, bueno alí fixemos un traballo no Vicedo que foi, que foi inventariar pois as cruces i cruceiros do Vicedo non? I hai unha delas, que está en, bueno, no lugar do Curro, alí mesmo na parroquia de Santo Estebo do Vicedo que é un cruceiro de un par de metros de altura, de boa feitura, teñen base de cristo (incomprensíbel) alí. Bueno, i resulta que ese sempre pertenceu a unha familia, unha familia alí, da familia (incomprensíbel) i o cura que había fai alá polos anos cincuenta, pois nada estaba...quería o cruceiro (incomprensíbel) dicía que o cruceiro ese que tiña que pertencer á igrexa porque non podía estar nas maos dun, dunhos alí calquera non? Entonces vai o home, o dono e dixo que deso nada, deso nada que o cruceiro era del i alí iba seguir.
No cruceiro ese como acontece con casi todos paran os enterros, nos cruceiros paran os enterros para dicir unha oración pola alma do morto. Pois o cura dixo: esto non pode quedar así! Eiquí a igrexa que o temos todo vai chegar iste e nos vai fastidiar eiquí, pois deso nada! E que fixo para vengarse? Pois moi sencillo, desde aquel día alí non volveron parar os enterros e inda é hoxe, inda é hoxe en día que os enterros paran en moitos cruces de camiño, para en todos os cruceiros e siguen sin parar na cruz do Curro.
I bueno esto é todo o que podo aportar i bueno para rematar dicir que bueno creo que comigo pouco, pouco aprenderon o que si podo dicir é que coa intervención de toda a xente si foi mui produtiva non? Graciñas.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro